Homeschooling Spain Homeschooling Spain Homeschooling Spain Dejemos de ser un murmullo

miércoles, 30 de noviembre de 2011

La Fundación Eomaia y la Educación en Familia

La Fundación Eomaia persigue, entre otras cosas, la atención integral a las familias creando redes y espacios de colaboración y comunicación interpersonales.

Siguiendo el enlace podeis leer la carta en su blog y dejar vuestro comentario.

~~~~~~~~~~~~~~~~~~

Educar en familia, unha opción educativa

Carta pubricada no faro de vigo o 26 de Novembro de 2011
A Fundación Eomaia quere manifestar publicamente o seu apoio e solidariedade coas familias que “educan en familia” e están sendo investigadas xudicialmente en Galicia. A educación en familia é unha opción educativa recoñecida en prácticamente toda Europa e en boa parte dos países do mundo. Os estudos realizados avalan os resultados académicos obtidos, e resaltan os beneficios extraacadémicos dunha opción educativa escollida na práctica totalidade dos casos por pais e nais que se implican moi especialmente na crianza dos seus fillos e fillas.
Neste contexto resulta sorprendente e anacrónico que as familias españolas que optan por este xeito de aprendizaxe sexan acusadas precisamente de “deixar de cumprir os deberes inherentes a patria potestade”. O vacío legal existente no que se apoia a fiscalía supón a indefensión das familias provocando longos meses de angustia e sufrimento ata que as causas son arquivadas como ten sucedido en todos os casos ata o momento.
No caso de Vigo alude a fiscalía á existencia dun retraso con respecto ao nivel educativo en comparación cos nenos da mesma idade. Máis frente a estandarización dos procesos de aprendizaxe que se da na escola, e que se traduce en procedementos de avaliación homoxéneos e uniformes dos estudantes (e que escolle como criterio de homoxeneización á idade: todos os da mesma idade deben saber o mesmo), a práctica da educación en familia acolle distintas orientacións pedagóxicas, algunhas delas en sintonía cos últimos descubrimentos en neuroloxía e que preconizan a existencia de distintos estilos de aprendizaxe, a importancia de respectar os distintos ritmos dos estudantes, e a necesidade de modelos baseados nos seus intereses.
Tendo en conta isto habería que contemplar distintos estilos de avaliación. Por exemplo nun modelo pedagóxico no que se facilita a aprendizaxe das matemáticas a través de material concreto (matemática activa) non ten sentido algún avaliar aos estudantes en función de operacións de cálculo descontextualizadas e realizadas con papel e lápiz, xa que fácilmente se podería interpretar como retraso algo que non o é.
En definitiva, non se pode utilizar un método de avaliación concebido para un sistema baseado na segregación por idades; na separación de temas, tempos e espacios ríxidos; na importancia do mental frente ao experimental e emocional; na repetición; e na percepción do erro como algo a evitar; para avaliar os procesos de aprendizaxe dun modelo baseado no impulso innato de explorar o mundo; na capacidade de organizarse por sí mesmo; na experimentación centrada nos intereses, necesidades e capacidades de cada un; na aprendizaxe integral; no xogo como fonte de aprendizaxe, e no erro como ferramenta de aprendizaxe.
Compartimos cos poderes públicos a necesidade de protección da infancia, pero unha vez que a administración comproba que non existe abandono, os expedientes deben ser arquivados, e a educación en familia contemplada como o que realmente é: unha das opcións educativas posibles nunha sociedade democrática.
Rosa Graña.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...